viernes, 19 de octubre de 2007

Meigallos, Conxuros e outras Pócemas en conserva


Decidimonos por esta idea, logo de moito rompernos a cachola e despois de estudar os pros e contras desta fabulosa e temerosa idea.
Pensamos nun primeiro lugar en idealizar unha casiña de meigas, como parte principal do menú.
Se nos adentramos nela atoparíamos unha imaxe dunha vella meiga preparando unha pocema. Ela será quen nos dará todos os consellos e información sobre este oculto mundo. Contaranos historias escalofriantes, ensinaranos conxuros, prepararanos pócemas (de amor e de maldade), ensinarache os mellores trucos para facer esa festa universitaria inesquicible chea de misterio e terror...
Se buscas conseguir ao teu amoriño, ese que sempre te mira e nunca se decide a falarte, ese que sorrí cando te atopas con él na facultade... Se por outro lado desexas desfacerte dalgún pesado... Se queres chinchar a alguén que non deixa de amolarche... Decídete xa! Adéntrate neste oculto mundo e consigue todo o que te propoñas!
Para ir abrindo boca ensinámosvos un interesante vídeo de youtube, que ata que saibamos como se suben ao noso blog, dámosvos a dirección para que o miredes vos. Aí vai:

No hay comentarios: