viernes, 19 de octubre de 2007

Rompéndonos a cabesa...!


Na búsqueda de ideas para a nosa andaina no world wide web ocorréronsenos varias posibilidades, todas elas desbotadas pola xefa:


A primeira era unha promoción dun grupo de artistas, os Mela-Pela... un tema moi socorrido. Polo tanto desbotado.

Adentrámonos na nosa segunda idea, gominolalandia, onde docemente contaríamos o apaixoante universo das gominolas e outros doces. O malo é que era difícil de poñer en práctica.


Outra posibilidade era contar as marabillosas festas gastronómicas galegas, pero... cantas páxinas non atoparíamos moi similares?? Non sería moi orixinal.


Tamén pensamos na posibilidade de crear unha web sobre estética, nada máis á orde do día! Xa que neste mundo onde cada vez se lle presta máis atención á imaxe, sen dúbida interesaría a todos... A todos nos gusta estar guapos!


Finalmente centrarémonos no universo das meigas galegas! Un universo pouco explorado pola mocidade e cheo de sorpresas. Contaremos lendas, feitizos, conxuros... algo típico da nosa cultura. Queres saber como engaiolar ao teu namorado? Queres saldar contas coa túa amiga perfecta que todos os días che fai sentir coma un adefesio? Pois visita a nosa web!!!

No hay comentarios: