viernes, 23 de noviembre de 2007

As páxinas e máis nós...

Estivemos a navegar por unhas páxinas relacionadas coa animación flash... unhas mellores outras peores...

Quedámonos coa de Alan Becker e o seu simpatico "the chosen one", que nos impresionou coa súa rabieta por todo o sistema operativo: pois pelexouse coa papeleira de reciclaxe, cos documentos...

A de Clarín, cumple todos obxectivos propios dunha boa web pero non nos chamou moito a atención... pois carecía de orixinalidade e tiña moitos titulares polo que non sobresaía ningún.

Outra era a de Rosa Muñoz, unha galería cunhas fotos moi bonitas, coloridas e orixinais.

De seguida nós faremos cousas similares...

viernes, 16 de noviembre de 2007

Bós e malos deseños

Atopamos unha serie de páxinas que nos resultanboas en canto ao deseño. Unha delas é www.persussions.org. Esta fai un uso correcto das imaxes, dos textos, é identificacle facilmente, ten unha barra de navegación boa. Aínda que a verdade non é o que estamos buscando para a nosa web.

Un exemplo de web mal deseñada pode ser www.restaurantes.com cun mal:
Diseño HTML
Uso de Imáxernes
Tipografía
Prototipo de sitio no que a concepción correu a cargo do deseñador gráfico. Non hai unha evaluación técnica

Outro exemplo pode ser:http://cocina.cuba.cu/, que ten un mal:

Rendemento do servidor.
¡Nada menos que 314 imáxenes, todas xuntas na Home Page!
A carga da Home Page é un proceso que che da tempo para chamar por teléfono.
Utilizan 90 pequenas imáxenes para a barra gráfica superior: unha única imáxen debidamente optimizada aportaría una carga de páxina moito máis rápida. E isto é aplicable a cada montaxe gráfico de las áreas de recetas.

SEGUIREMOS INVESTIGANDO

UN SAÚDO

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Como financiar un proxecto web?


Formas de financiamento para un proxecto web:

Os mellores métodos xa sexa para unha web dunha empresa, unha web persoal, son:

* Crédito persoal: é a primeira opción, normalmente será a que menor cantidade de diñeiro póidanos dar, oscilan entre os 3.000 e os 30.000 euros, os tipos de interese entre o 7 e o 10% nun banco normal, e nos bancos de crédito tipo Cofidis, poida que haxa intereses ata do 15% e non adoitan exceder os 8 anos.
* Liña ICO: son préstamos que realiza o Instituto de Crédito Oficial a través de intermediarios como poden ser os bancos e caixas que coñecemos e noutras ocasións dánolo directamente. O ICO ten moitas liñas de actuación polo que o noso proxecto situarase normalmente entre unha (a xeneral) ou dous (vía tecnolóxica ou de PEMES) , polo que temos a opción de elixir a vía idónea en tal caso. Estas liñas de actuación son dotadas presupuestaríamente cada ano por iso debemos hai que estar pendente de cando son operativas para que non nos ocorra ter que acudir ao próximo exercicio. Os créditos ICO varían entre o 0% de interese ata o Euribor varios puntos se é de tipo variable ou unha taxa estimada segundo o organismo para financiamento de tipo fixo. Usualmente son destinados a microempresas ou PEMES e requiren dun aval.
* SGR (Sociedade de Garantía Recíproca): son un servizo para empresas cuxo obxecto é a mellora e a facilitación da procura de financiamento a PEMES, para facernos unha idea consiste en que un individuo (chámese entidade) empeza a formar parte da nosa sociedade para que poida conseguirnos un aval.
* Investimento Privado: todo o mundo coñécea e pode estar moi ben ou poida que sexa bastante complicada. Vannos a esixir moito debe de ser a nosa última opción xa que son os do interese máis alto, é verdade que se relacionarán connosco coma se fosen un máis no proxecto pero por suposto sempre quererán gañar máis diñeiro. Pedirannos contorna a un mínimo do 10% de rendibilidade para que un proxecto sexa viable, gústalles investir cantidades altas como pode ser o millón de euros sendo máis fácil de conseguir que por exemplo 400.000 euros. Actualmente en España o tope é de 3-4 millóns de euros.

Hai outras formas, igual de serias, menos coñecidas pero gratuítas. Exemplo disto son os dominios .tk (Tokelau componse de tres grupos de illotes orixe coralino no Océano Pacífico Sur, aproximadamente á metade da distancia entre Hawaii e Nova Zelandia, no cinto de tifones do Pacífico. Ningunha das illas de Tokelau ten porto e teñen unha superficie total de 10 km². Ten unha poboación duns 1.500 habitantes e está a dous días en bote do lugar poboado máis próximo).

stas son as condicións para rexistrar un dominio .tk gratis:

1. Un máximo de tres dominios por persoa
2. Se hai máis dunha petición, obterá o dominio o primeiro que conteste ao mail de confirmación.
3. Ese dominio está rexistrado a nome de Dot TK.
4. Dot TK monitoriza o seu tráfico. Esíxese un tráfico mínimo de polo menos 25 visitas únicas durante 90 días para mantelo.
5. Ponche un frame na parte superior da pagina con publicidade e un pop-up cada vez que se accede á páxina. Pódese ver un exemplo en zonahackers.tk ou sexo.tk. Segundo Joost, o frame de publicidade non desaparece a menos que teñas 1.000 clicks en 90 días.O acceso a unha web nun dominio .tk é bastante lento, segundo ha ppodido comprobar Domisfera.

Se queres comprar o dominio, o prezo de rexistro dos dominios denominados normais é de 6.95$ ao ano. Logo hai dominios especiais cuxa taxa de rexistro vai dos 25$ aos 2500$ ao ano. Por exemplo, os dominios de menos de 4 letras teñen un prezo non inferior aos 1000$. As marcas rexistradas das 500 empresas máis grandes do mundo tamén son considerados especiais. Dot TK terá probablemente unha lista de palabras premium ou comúns cun prezo asociado a cada unha.

Informe da nosa web!!! yujuuuuuuuuuuuuu

A priori a nosa idea pode parecer un pouco aloucada, pero todo ten un por que.

Dende sempre ás xoubas tolas chamounos a atención o tema da bruxería, da maxia, do misterio, do máis alá... Por isto decidimos traballar sobre o tema nun proxecto web: desvelar os misterios de antano coas tecnoloxías do presente, para que non queden no esquecemento.

Vai dirixido a todos os públicos: a nenos, a adultos e máis maiores, a xente curiosa, a xente con inquedanzas... pero concretamente á xente que ama este mundo tanto coma nós, que busca o misterio e que sempre necesista saber as respostas.

En canto aos contidos que imos incluír..., trataremos sobre todo conxuros (de amor, vinganza, desamor, mal de ollo...), as lendas máxicas galegas e universais, aportaremos as recetas con todos os ingredientes para facer pócemas máxicas, falaremos das meigas máis famosas de todos os tempos, trataremos os enigmas dos soños baseándonos na psicanálise de Freud e mesmo crearemos un foro-consultorio para atender todas as vosas peticións.

O sentido de todo o noso proxecto é aportar información sobre un tema pouco estudado, xa que hai poucas páxinas en galego e para galegos que traten este tema... Axudar á xente a conseguir o seus obxectivos a través da maxia, axudar a volver a crer na maxia e nos soños.

Porque ter soños e ilusións é o máis importante nesta vida...

Soña e serás libre de espírito...

miércoles, 7 de noviembre de 2007

SEGUIMOS AVAZANDO...

Como se nos encargou nunha das clases teóricas, estivemos buscando webs relacionadas coa creación das nosas propias páxinas web. Atopamos unha bastante interesante, na que se nos explica paso a paso como se crea unha páxina web. Vai dirixida especialmente a aquelas persoas que teñen tempo e gañas de facer unha web, pero escasos coñecementos de Internet, informática...


O autor da unha serie de directrices moi sinxelas de seguir para crear todo o necesario para crear a nosa web, tamén explica como engadir un foro, estatísticas, música de fondo, un contador de visitas...




Seguiremos investigando e informando sobre diversas páxinas que nos poidan axudar na andaina na que nos imos adentrar.


Un saúdo