miércoles, 7 de noviembre de 2007

SEGUIMOS AVAZANDO...

Como se nos encargou nunha das clases teóricas, estivemos buscando webs relacionadas coa creación das nosas propias páxinas web. Atopamos unha bastante interesante, na que se nos explica paso a paso como se crea unha páxina web. Vai dirixida especialmente a aquelas persoas que teñen tempo e gañas de facer unha web, pero escasos coñecementos de Internet, informática...


O autor da unha serie de directrices moi sinxelas de seguir para crear todo o necesario para crear a nosa web, tamén explica como engadir un foro, estatísticas, música de fondo, un contador de visitas...




Seguiremos investigando e informando sobre diversas páxinas que nos poidan axudar na andaina na que nos imos adentrar.


Un saúdo

No hay comentarios: