miércoles, 14 de noviembre de 2007

Informe da nosa web!!! yujuuuuuuuuuuuuu

A priori a nosa idea pode parecer un pouco aloucada, pero todo ten un por que.

Dende sempre ás xoubas tolas chamounos a atención o tema da bruxería, da maxia, do misterio, do máis alá... Por isto decidimos traballar sobre o tema nun proxecto web: desvelar os misterios de antano coas tecnoloxías do presente, para que non queden no esquecemento.

Vai dirixido a todos os públicos: a nenos, a adultos e máis maiores, a xente curiosa, a xente con inquedanzas... pero concretamente á xente que ama este mundo tanto coma nós, que busca o misterio e que sempre necesista saber as respostas.

En canto aos contidos que imos incluír..., trataremos sobre todo conxuros (de amor, vinganza, desamor, mal de ollo...), as lendas máxicas galegas e universais, aportaremos as recetas con todos os ingredientes para facer pócemas máxicas, falaremos das meigas máis famosas de todos os tempos, trataremos os enigmas dos soños baseándonos na psicanálise de Freud e mesmo crearemos un foro-consultorio para atender todas as vosas peticións.

O sentido de todo o noso proxecto é aportar información sobre un tema pouco estudado, xa que hai poucas páxinas en galego e para galegos que traten este tema... Axudar á xente a conseguir o seus obxectivos a través da maxia, axudar a volver a crer na maxia e nos soños.

Porque ter soños e ilusións é o máis importante nesta vida...

Soña e serás libre de espírito...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parécenos unha idea moi interesante e divertida, tendo en conta que as "xoubas tolas" lle ides dar un toque persoal e orixinal.
Tendo en conta que é un tema relacionado co universo tradicional galego como o noso, témoslle máis aprecio...jaja!!!
Sorte co proxecto