lunes, 10 de diciembre de 2007

O PATO LUCAS E A WARNER BROS.



Duck Amuck é unha curtametraxe animada de 1953 producido por Warner Bros. como parte da serie Merrie Melodies e é protagonizado polo Pato Lucas, quen é atormentado por un anónimo animador que cambia constantemente os fondos, roupa, voz, aparencia e ata forma do pato. O animador cambia todo a medida que Lucas trata de pór orde, e ata mal interpreta as súas demandas.

Segundo o director Chuck Jones, este curto demostraba que a animación podía crear personaxes cunha personalidade reconocible, independente da súa aparencia ou voz. Ao final da curtametraxe revélase que o animador é Bugs Bunny, segundo Jones o final só ten un obxectivo cómico.


Duck Amuck está incluído na compilación The Bugs Bunny-Road Runner Movie, xunto a outras curtametraxes favoritas de Jones como What's Opera, Doc? Mel Blanc fai as voces. Foi dirixido por Chuck Jones con guión de Michael Maltese. A curtametraxe presenta varias bromas que van dirixidas directamente ao público. En 1999 o curto foi recoñecido pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos para ser preservado no rexistro nacional de películas. Este foi o segundo de tres curtametraxes de Jones en recibir esta honra (os outros son What's Opera, Doc? de 1957 e One Froggy Evening de 1955). Jones é o único director con ter tres curtametraxes animadas no rexistro. A trama foi utilizada noutras curtametraxes animadas, Rabbit Rampage (1955), onde Bugs Bunny convértese na vítima do animador (Elmer Gruñón). Unha trama similar foi tulizada nun episodio de Baby Looney Tunes, só Bugs foi a vítima, Lucas era o animador, e utilizaba unha computadora no canto dun lapis.


No libro The Fifty Greatest Cartoons de Jerry Beck, Duck Amuck é categorizado como o segundo mellor debuxo animado da historia.

Velaquí un vídeo que non podedes deixar de ver, directamente para vós aquí, sen ningún enlace a outra páxina.



1 comentario:

Jare Crisna dijo...

Mimá, levades un ritmo tolo no blog. Moi ben, moi ben. Moitas grazas por toda a información que puxestedes, moi útil.