miércoles, 20 de febrero de 2008

Acabouse

Rematado este cuatrimestre, ás veces longo, ás veces demasiado longo... e despois de moitgas historias vividas ao longo destes catro meses, comunicamos a tod@s @s nos@s usuari@s que esta bitácora non vai ser actualizada. Desexamos que esta bitácora cumplira as espectativas esperadas. Nós, así o intentamos con todo o noso esforzo.

Un saúdo e ata sempre.

miércoles, 30 de enero de 2008

Valoración Sabela Sampedro


IMARGINATE

CONTIDO: (8) contido moi extenso, ameno e curioso.

ESTRUCTURA: (8), relaciona perfectamente os contidos e seccións.

NAVEGACIÓN: (8) fácil de manexar. Os menús están ben construídos para poder volver a calquera das seccións.

TIPOGRAFÍA: (9) divertida á par que seria.

VALORACIÓN: (9) moi boa, orixinal e divertida.

ASPECTOS POSITIVOS: coidadosa cos detalles, os fondos, os logos...boas animacións de flash...

ASPECTOS NEGATIVOS: sen titular, chea de contido pero pouco tratado a fondo.

THE SICK ROOM

CONTIDO: (6) escaso, aínda que non facía falta para a temáica.

ESTRUCTURA: (8), boa, menús sinxelos e fáciles de manexar.

NAVEGACIÓN:(8), boa, sinxela, accesible...

TIPOGRAFÍA:(9) coherente, ben escollida...

VALORACIÓN: (9), moi boa, orixinal, entretida.

ASPECTOS POSITIVOS: orixinal, singular...amena.

ASPECTOS NEGATIVOS: pouco contido , non dá pé a unha segunda visita...

UNIVERSO SAP

CONTIDO: (6), aínda que ten contido resulta un pouco desconcertante é variado.

ESTRUCTURA: (8), boa, un pouco complexa nos enlaces.

NAVEGACIÓN: (8) fácil.

TIPOGRAFÍA:(6), sinxela e non coherente entre os tres universos.

VALORACIÓN: (7), os universos están ben elaborados pero pouco relacionados entre sí.

ASPECTOS POSITIVOS: moi dinámica, orixinal no deseño e no tema.

ASPECTOS NEGATIVOS:de pouco interese para o público.

OS FETIZOS DA MEIGA

CONTIDO: (9), moito contido e moi elaborado.

ESTRUCTURA: (8) sinxela e accesible.

NAVEGACIÓN: boa e rápida.

TIPOGRAFÍA: (6), rudimentaria.

VALORACIÓN: (8), contidos ben tratados, boa na forma aínda que pobre en deseño.

ASPECTOS POSITIVOS: interactiva con consultas e foro, complexa en contidos e unha boa presentación da páxina principal moi lograda.

ASPECTOS NEGATIVOS: unha páxina principal moi boa e as secundarias algo pobres.

DIVISIÓN PAQUITO

CONTIDO: (8), crearon un tema moi complexo a partir dunha historia simple.

ESTRUCTURA:(8) boa, unha estructura lineal, coherente e fácil de seguir.

NAVEGACIÓN: (7), préstase a seguir a historia principal, boa.

TIPOGRAFÍA: (6), pequena demáis.

VALORACIÓN: (8), sorprendente e moi interesante.

ASPECTOS POSITIVOS: vídeos divertidos, ben doblados...

ASPECTOS NEGATIVOS: a tipografía resulta molesta, non titulada....

ELLA TV

CONTIDO: (8)moi elaborado moito e orixinal.

ESTRUCTURA:(8) moi ben presentada.

NAVEGACIÓN: (7 fácil e ben organizada.

TIPOGRAFÍA: (7)sinxela nos menús e atrevida nos contidos.

VALORACIÓN: (8) moi orixinal, crearon unha historia a partir da nada, moi elaborada...

ASPECTOS POSITIVOS: está moi traballada, moi coidadosa cos detalles...

ASPECTOS NEGATIVOS: estética do deseño pouco lograda.

GELATINA

CONTIDO: (6), poucos contidos, algo comúns e idea interesante.

ESTRUCTURA:(7) o menú de inicio algo confuso.

NAVEGACIÓN: (7), algo complexa.

TIPOGRAFÍA: (7), sinxela (cousa que non favorece a temática)

VALORACIÓN: (7), O diseño é pouco moderno non acorde coa temática.

ASPECTOS POSITIVOS: aparecen moitas fotografías e moi coidadas...

ASPECTOS NEGATIVOS: O diseño, a tipografía non son moi coherentes coa temática.

NICOTINA NO CONDÓN

CONTIDO: (7), moita información sobre a agrupación de teatro.

ESTRUCTURA: (8), ben organizado e correcta no plantexamento.

NAVEGACIÓN: (8), fácil, sinxela nos enlaces.

TIPOGRAFÍA: (7), pouco acorde co contido que trata.

VALORACIÓN: (8) cumple o obxectivo de páxina para representar un grupo de teatro.

ASPECTOS POSITIVOS: miotos contidos, fotos, información...

ASPECTOS NEGATIVOS: pouco atrevida.

TUNIC A REVISTA

CONTIDO: (8) moi coidado e orixinal.

ESTRUCTURA: (7) un complexa na forma e redundante nos menús

NAVEGACIÓN: (8) fácil e accesible.

TIPOGRAFÍA: (7) correcta pero pouco atractiva nos contidos, os menús moi logrados.

VALORACIÓN: (9) Publicitariamente lograda, orixinal, interesante...

ASPECTOS POSITIVOS: publicitariamente moi boa, moi boa nos logos, nos menús, na presentación...

ASPECTOS NEGATIVOS: sen titular, reparto pouco equitativo de fotos, vídeos...

O SACHO

CONTIDO: (8) ben organizado e abundante, moita información.

ESTRUCTURA: (8) complexa pero accesíbeis.

NAVEGACIÓN: (8) interesante en posibilidades de organización de contidos, coherente...

TIPOGRAFÍA: (7) sinxela, fácil de asimilar a información...

VALORACIÓN: (8) resultado moi bo dun tema aparentemente pouco interesante...

ASPECTOS POSITIVOS: o deseño, os contidos...

ASPECTOS NEGATIVOS: complexa nalgunhas das seccións, como a das adiviñas e outras seccións como a de vídeos non veñen moito ao conto.

NUESTROS 90

CONTIDO: (8) moito contido e moi variado.

ESTRUCTURA: (6), Resulta bastante complexa e redundante nos menús.

NAVEGACIÓN: (6), complexa xa que hai sobre carga de menús.

TIPOGRAFÍA: (9) coherente co tema: as cores elixidas e a tipografía.

VALORACIÓN: (7) bastante subxectiva, de gusto persoal non de interese colectivo.

ASPECTOS POSITIVOS: O colorido da páxina, moito contido audiovisual e variado sen sairse da temática.

ASPECTOS NEGATIVOS: redundante, sobrecargado.

valoración Marta Hermo

IMARGINATE

CONTIDO: (8) ten moito contido, divertido e orixinal, á par que curioso.

ESTRUCTURA: (8), ben estructurada, coherente, de modo que relaciona ben os contidos.

NAVEGACIÓN: (8) fácil e accesible. Os menús permiten o acceso e retorno facilmente a calquera das distintas seccións.

TIPOGRAFÍA: (9) divertida nos menús e seria nos contidos.

VALORACIÓN: (9) moi boa, paréceme que está chea de curiosidades, un lugar onde pasar un bo rato.

ASPECTOS POSITIVOS: un aspecto positivo é que coida os detalles, como os fondos, que no logo do menú o macaco saque a lingua, resulta curioso; sería un páxina á que accedería por lecer, que non pasaría desapercibida para ninguén da nosa idade; as animacións de flash son moi boas, cheas de humor.

ASPECTOS NEGATIVOS: un fallo que se lles pasou por alto foi titulala, moito contido pero en pouca profundidade, por exemplo na imargipedia hai poucas letras (por tempo, cansanzo, falta de recursos...)

THE SICK ROOM

CONTIDO: (6) pouco contido, aínda que non era moi requerido pola páxina dada a súa temática.

ESTRUCTURA: (8), ben estructurada, con menús sinxelos e de fácil accesibilidade.

NAVEGACIÓN:(8), boa, sinxela, moi accesible ás diferentes seccións.

TIPOGRAFÍA:(9) totalmente acorde coa temática, as cores e as fontes ben escollidas. Sinxelas e funcionais.

VALORACIÓN: (9), moi boa, orixinal, entretida.

ASPECTOS POSITIVOS: cunha gran orixinalidade, fai pasar un bo rato, moi entretida.

ASPECTOS NEGATIVOS: pouco contido unha vez rematado o xogo perde o interese para unha segunda visita (a non ser que sexa ampliado), utilización do scroll horizontal, pouco recomendable.

UNIVERSO SAP


CONTIDO: (6), aínda que ten contido resulta inconexo, moi diversos e pouco profundizados.

ESTRUCTURA: (8), ben estructurado, a pesar de ser complexo polos moitos submenús, resultan ben relacionados cada un dos universos.

NAVEGACIÓN: (8) boa, a partir de todos os universos podemos acceder aos outros e ao universo principal.

TIPOGRAFÍA:(6), sinxela de máis, a tipografía non é coherente entre os tres universos.

VALORACIÓN: (7), os universos están ben elaborados pero pouco relacionados entre sí.

ASPECTOS POSITIVOS: boa utilización de flash, orixinal no deseño e na forma.

ASPECTOS NEGATIVOS: accedería á páxina no caso de interesárenme todos os contidos, non só por un en concreto; os contidos están pouco relacionados e aínda que se usa moito o flash, o contido é escaso.

OS FETIZOS DA MEIGA

CONTIDO: (9), moito contido, curioso e coherente coa temática.

ESTRUCTURA: (8) esquematicamente correcta, sinxela e accesible.

NAVEGACIÓN: boa, rápida e fácil, moi dinámica.

TIPOGRAFÍA: (6), sinxela demáis.

VALORACIÓN: (8), os contidos concordan á perfeción coa temática, abarca moitos aspectos relacionados, os logos coherentes coa temática...

ASPECTOS POSITIVOS: moi interactiva co visitante porque inclúe seccións de consultas e foro, complexa en contidos, páxina principal moi lograda.

ASPECTOS NEGATIVOS: sinxela nos submenús, nas tipografías e fondos das páxinas secundarias.

DIVISIÓN PAQUITO

CONTIDO: (8), un tema pouco agradecido e ben extendido, crearon unha estructura ben construída.

ESTRUCTURA:(8), ben estructurada, sigue unha orde lineal, coherente.

NAVEGACIÓN: (7), boa, fácil.

TIPOGRAFÍA: (6), pequena, ás veces pouco lexible.

VALORACIÓN: (8), moi orixinal, sorprendente, única.

ASPECTOS POSITIVOS: moitos recursos audiovisuais, vídeos...; é unha páxina singular, que non se atopa dúas veces.

ASPECTOS NEGATIVOS: a tipografía resulta molesta, escapouselles titulala.

ELLA TV

CONTIDO: (8)moi logrado, extenso e orixinal.

ESTRUCTURA:(8), cabeceiras e menús sinxelos, coidando dunha boa presentación.

NAVEGACIÓN: (7) fácil, accesible, ben organizada.

TIPOGRAFÍA: (7) sinxela nos menús e atrevida nos contidos.

VALORACIÓN: (8) é moi orixinal, crearon unha historia, moi traballada,...

ASPECTOS POSITIVOS: está moi traballada xa que todo é inventado (os capítulos, ...), moi coidados todos os detalles, puxeron trailers,...

ASPECTOS NEGATIVOS: Cores moi pastelosas, non moi atrevidas, tamén se lle esqueceu titulala.



GELATINA


CONTIDO: (6), os contidos son algo escasos, non saen do común, non abarcan moitos subtemas.

ESTRUCTURA:(7), ó iniciar a páxina resulta confusa, non se sabe moi ben para donde tirar.

NAVEGACIÓN: (7), algo complexo ó inicio, máis sinxela nos submenús.

TIPOGRAFÍA: (7), sinxela e non atrevida (cousa que non favorece a temática)

VALORACIÓN: (7), O diseño é un pouco moderno, non se presta para unha liña de roupa xoven.

ASPECTOS POSITIVOS: aparecen moitas fotografías onde se pode ver a roupa que teñen ó mercado, crearon un estilo (algo complexo).

ASPECTOS NEGATIVOS: O diseño, a tipografía non son moi coherentes coa temática.

NICOTINA NO CONDÓN

CONTIDO: (7), trata moitos temas sobre a agrupación de teatro, moi extenso.

ESTRUCTURA: (8), ben organizado, correcta no plantexamento.

NAVEGACIÓN: (8), fácil, sixela nos enlaces.

TIPOGRAFÍA: (7), algo básica, pouco dramática para o contido que trata.

VALORACIÓN: (8), sería unha boa páxina para representar un grupo de teatro, obxetivo da páxina.

ASPECTOS POSITIVOS: agradecida en contidos, fotos, información...

ASPECTOS NEGATIVOS: pouco atrevida nas tipografías, bótase de menos o software de flash...

TUNIC A REVISTA

CONTIDO: (8), moi elaborado.

ESTRUCTURA: (7), un pouco complexa na forma, unpouco redundante á hora de acceder a cada unha das subsección.

NAVEGACIÓN: (8), fácil e accesible.

TIPOGRAFÍA: (7), resulta un pouco intelixible dado o seu tamaño e á vez sinxela.

VALORACIÓN: (9). Publicitariamente lograda, orixinal, concordante en todas as páxinas co diseño.

ASPECTOS POSITIVOS: dan avances sobre os próximos números da revista, unhas cores moi atrevidas, acorde coa temática, diseño moi logrado, as animacións de flah aportan dinamismo,...

ASPECTOS NEGATIVOS: a tipografía é un pouco pequena, tamén se lles olvidou titulala, reparto pouco equitativo dos recursos audiovisuais das diferentes seccións.


O SACHO


CONTIDO: (8), moito, ben organizado, agradécese tanta información.

ESTRUCTURA: (8), esquematicamente correcta, sinxela na forma e coherente.

NAVEGACIÓN: (8) fácil e ofrece diversas posibilidades de organización de contidos.

TIPOGRAFÍA: (7), un pouco sinxela, de fácil lectura pero pouco atractiva.

VALORACIÓN: (8), desenvolveron con empeño e bo resultado un tema pouco agradecido e complexo, pouco atractivo...

ASPECTOS POSITIVOS: o deseño, abarca unha gran cantidade de contidos, acercan con dinamismo un tema desinteresante.

ASPECTOS NEGATIVOS: peca de complexa porque chega a desubicar ao visitante pola falta de explicación dalgunhas das seccións, mesmo algunhas seccións como a de vídeos son case incoherentes coa temática.


NUESTROS 90

CONTIDO: (8), abarca unha gran cantidade de contido sobre a temática.

ESTRUCTURA: (6), Resulta bastante complexa.

NAVEGACIÓN: (6), Tamén resulta moi complexa xa que hai sobre carga de menús.

TIPOGRAFÍA: (9) Moi acorde coa temática. Tanto as cores elixidas como a tipografía.

VALORACIÓN: (7) É bastante persoal que aínda que hai cousas que poden resultar interesantes, outras moitas chegarían a aburrir ata resultar redundantes.

ASPECTOS POSITIVOS: O colorido da páxina, dacordo coa temáticas, moito contido audiovisual e variado sen sairse da temática.

ASPECTOS NEGATIVOS: Resulta un pouco redundante, e sobrecargado.


martes, 29 de enero de 2008

Valoración das webs: Belén Sousa

IMARGÍNATE
Contenido:9. La variedad es notable, acorde con el público objetivo escogido. Muy bien el colocar obras propias de los autores de la web, y bien los enlaces a otras páginas relacionadas.

Estructura: 8. La estructura está bastante bien diseñada, fácil de navegar.

Estética acorde: 7. Colores demasiado chirriantes y muy llamativos, quizás demasiado, pero acorde con la ideología friki que rodea a la web.

Navegación y tipografía:7 Llamativa de más.

Aspectos positivos: 10 El empleo de flash de la web, original y divertido y la amplitud de las secciones. Sobretodo el trabajo que nos dio la página de la portada. Creo que con un resultado bastante bueno.

Aspectos negativos: 7 La falta de una página de bienvenida, la tipografía y recuadros de color y quizá el hecho de reunir casi toda la información de otras webs.

Puntuación numérica: 8

The Sick Room:

Contenido: 4. Pobre, no le veo sentido a la página y no sé qué podría encontrar el usuario`en la web para visitarla.

Estructura: 5. Los enlaces existentes bien.

Navegación y tipografía:7. Bien

Aspectos positivos: 10 Las animaciones y el diseño

Aspectos negativos:4 El contenido.

Universo SAP:

Contenido: Amplio y variado. 8
Estructura: 6. muy bien delimitados los 3 mundos, pero se debería de poder ir a cualquiera en cualquier momento, es un poco lioso a veces y no se sabe a donde se enlaza en cada dibujo y si todos los dibujos enlazan a algo o no.

Navegación: 6 Regular, es difícil a veces.

Color y tipografía: en cada sitio uno diferente, creo que se debería igualar.
Aspectos positivos: 8. la estructura
Aspectos negativos: la navegación y la idea tan variada que supone, no parece tener un público concreto. 7

Nota: 8

Ella TV:
Contenido:9. es abundante , inventado, pero por eso no va a ser usado por el público, la idea es buena si se hiciese a posteriori con una serie real.
Estructura: 8.bien
Navegación: 7 fácil
Color y tipografía: bien., sencilla y no chirriante.
Aspectos positivos: información útil si fuese la serie real.
Aspectos negativos: el sonido constante
Nota: 7.5

Gelatina
Contenido: escaso.
Estructura: Bien. 8
Navegación: Fácil. 8
Color y tipografía: Original, pero el fondo no me gusta.
Aspectos positivos: la originalidad
ASpectos negativos: el poco contenido
Nota:7

Nicotina no condon:
Contido: 7 escaso
Estructura: 9 fácil
Navegación: 8 no tan fácil.
Color y tipografía: 7. Sosa
Aspectos positivos: fácil navegación y contenidos claros
Aspectos negativos: poco contenido
Nota: 7.5

Tunic, a revista:
Contido: 9 extenso y original, además del esfuerzo de ser hecho por ellas.
Estructura: 9 bien estructurada
Navegación: Bien.9
Color y tipografía: 9Muy bien para ser una revista
Aspectos positivos: contenido y la estética
Aspectos negativos: la falta de presencia de la revista en cuestión, algo más de publicidad.
Nota: 9

O Sacho:
Contido: 5. regular, no entiendo los vídeos ni la presencia de esos juegos, un poco aburridos.
Estructura: 9 Bien.
Navegación: 9Bien
Color y tipografía: 7 Acorde al tema.
Aspectos negativos:: Algunos contenidos.
Aspectos positivos: La temática, made in Galicia.
Nota: 7

Nuestros 90:
Contido: Muy bien. 9,5
Estructura: 8.5 un poco caótica,
Navegación: 8 Bien.
Color y tipografía: Acorde con la temática, pero demasiado colorido. 8
Aspectos positivos: la originalidad
Aspectos negativos: un poco el caos
Nota: 9

DIVISIÓN PAQUITO
Contenido: Original y útil, no para el fascista claro, o sí. 8
Estructura: Bien, pero los enlaces no tanto 6.
Navegación: Bien, pero los enlaces...
Estética acorde: es uno de los mayores aciertos. Muy bien las animaciones.
Aspectos positivos: Animaciones.
Aspectos negativos: El contenido puede llegar a aburrir.
Puntuación numérica: 7,5


Os feitizos da meiga: autocrítica

Contenido: Acorde con lo que queríamos, útil y siempre de actualidad. 8
Estructura: Bien, fácil, enlaces bien hechos. 8
Navegación: Fácil, no te pierdes y puedes ir a todas las secciones siempre. 8
Estética: Acorde con la temática, negro y naranja, lo mágico, el fuego, lo misterioso... puede resultar algo sos, pero por falta de tiempo y éramos sólo tres personas.
Positivo: El conjunto global, nada que sea de 10, ni nada que sea de 0. (tener en cuenta el tiempo y que éramos sólo tres personas)
Negativo: puede resultar algo sosa.
Nota final: 8,5

Un saludo y perdón por el retraso!!!

PD: Más vale tarde que nunca!

La de wally no se puede ver?????

jueves, 24 de enero de 2008

Libro de Estilazo!


Guía ou Manual de Estilo

A resolución da pantalla acordamos escoller de 1024x768 xa que o público ó cal vai dirixido é un público xove. Polo tanto, o acceso que estes teñen a Internet á través de ou ben do seu propio portátil ou ben a través dos ordenadores do seu centro de estudios ou un ciber.
En canto á nosa cabeceira, (situada na parte superio, na zona central) está composta polo logo dunha pota e conformado tamén polo nome da nosa páxina.O pé de páxina(abaixo, na zona centro) consta dun par de datos identificativos como son o lugar: Santiago de Compostela; e por outro lado a data: Xaneiro, 2008. O Mapa de navegación está situado na parte da dereita, agás a meiga, que enlaza coas "consultas", que está situada á esquerda, xusto a continuación da cabeceira. Ademais, na páxina "index" o mapa de navegación é diferente, tendo os enlaces repartidos por toda a suposta casa da meiga, cada enlace concorda cun elemento da casa. Tamén, en cada sección (lendas, feitizos...) o título case sempre se corresponde con outro enlace, dependendo de que páxina sexa.
A estructura ou lonxitude do documentos ou textos vai ser diferente en cada un dos casos. Diferencia que vai a estar determinada segundo a necesidade dos contidos de cada documento. Por esta mesma razón, hai textos nos que precisamos a utilización de scroll vertical, en ningún caso o scroll horizontal.

En canto á utilización das capas, decidimos o seu uso xa que era o máis útil e aconsellable para a estructura da nosa páxina, debido a que, por exemplo, os marcos, adoitan dar problemas.

Por outro lado, as cores identificativas do proxecto son sobre todo o negro e o laranxa. O negro podémolo asociar co esotérico, co oculto, moi concordante coa nosa páxina e por outro lado o laranxa, moi relacionado coa cor do lume. Cores cálidos, non chirriantes.

A tipografía escollida foi a arial dado que non da problemas nos navegadores ademais de que é unha letra moi sinxela á hora de lela polo que facilita a boa utilización na web ó usuario.

Os iconos que empregamos non son moitos, pero cada un deles é característico do seu contido. Para os contidos de “lendas” empregamos un morcego, criatura da noite, que da certo medo, ao igual que algunhas das lendas que están na web. Para as “meigas televisivas” empregamos, como ten que ser propio, unha televisión, pero escollemos unha televisión que semella moi antiga, vella, como é toda a estética da web, a meiga, a casa... Para a “maxia galega”, empregamos un elemento típico da maxia e moi presente no mundo galego, o lume, feito con flash. Para os “feitizos” empregamos un libro onde se pode suponer que están contidos todos os feitizos. Para as “consultas” empregamos a da nosa web, a meiga e para o “foro” a basoira da meiga. Todos estes iconos están colocados en cada páxina correspondente cun deseño minimalista (cada elemento está repetido varias veces en pequeño e colocado no lateral dereito de cada sección en forma de “L” ao revés) cun fin decorativo na páxina.

Ademais, para o logo empregamos unha pota, onde se pode suponer que se fan todo tipo de conxuros e feitizos.

As imaxes que empregamos son os mesmos debuxos que comentamos anteriormente, e sempre teñen un uso específico, o de servir de enlace a algunha sección da páxina, agás os que dixemos que só teñen un fin meramente decorativo.
Decidimos tamén non empregar son de ningún tipo, para evitar a saturación dos usuarios á hora de navegar pola nosa web.

Arredor de cada mes faremos unha revisión dos contidos da nosa web, coas últimas e modernas lendas, pócemas e feitizos de actualide. Esta modificación irase realizando segundo a petición dos nosos usuarios a través do foro ou do correo electrónico. Resaltar tamén que as respostas a toda dúbida deste serán contestadas nun plazo máximo de 24 horas.

Os recursos interactivos empregados son, ademais do foro e do correo electrónico, os distintos links que poden favorecer a navegación pola páxina.

Para rematar, debemos dicir que somos Marta Hermo Romano, Sabela Sampedro Pereira e Belén Sousa Domínguez , estudiantes de segundo de Comunicación Audiovisual. O noso correo electrónico para contactar conosco é feitizosdameiga@gmail.com.

Informe da web:



INFORME

INTRODUCCIÓN:


Moitas eran as ideas que rondaban a nosa mente para abordar o proxecto web, pero non todas eran factíbeis.

A primeira que se nos ocurreu era a promoción dun grupo de artistas, os Mela-Pela, un grupo de punk-rock, a pega é que ese é0 un tema moi socorrido. Polo tanto desbotámolo.
Adentrámonos na nosa segunda idea, gominolalandia, onde docemente contaríamos o apaixoante universo das gominolas e outros doces. O malo é que era difícil de poñer en práctica, non víamos tampuoco con moita claridade como abordar os contidos... Lástima que pouco despois saíra a serie “Gominolas” en Cuatro.
Outra posibilidade era contar as marabillosas festas gastronómicas galegas, pero... cantas páxinas non atoparíamos moi similares?? Non sería moi orixinal.
Tamén pensamos na posibilidade de crear unha web sobre estética, nada máis á orde do día! Xa que neste mundo onde cada vez se lle presta máis atención á imaxe, sen dúbida interesaría a todos... A todos nos gusta coidar a nosa imaxe, pero parecíanos difícil de abordar.

Finalmente centrarámonos no universo das meigas galegas! Un universo pouco explorado pola mocidade e cheo de sorpresas. Contámonos en temas como as lendas, os feitizos, os conxuros... un apartado para consultas persoalizado e un foro-debate.
Escollemos esta idea pola súa viabilidade e porque era un tema que nos interesaba ás tres.


ANTECEDENTES:

http://www.galizamaxica.org
http://www.conjuros-magia.com

Estas dúas páxinas tratan bastante a fondo o tema da maxia e da maxia centrada en Galicia.
Gustáronnos os seus contidos: coidan con detalle cada información, abordan amplamente o tema dos conxuros, o das lendas..., pero eran páxinas meramente informativas que non coidaban a estética máxica. Nós decidimos mellorar isto coidando tanto como estas os contidos da nosa e mellorando a forma: queríamos que o noso proxecto sobre algo metafísico como é a maxia e os misterios das lendas e conxuros resultase aparentemente así.


DEFINICIÓN DO PRODUCTO:

A nosa páxina web trata o tema do universo máxico dos misterios, as meigas, os conxuros... (contidos descritos en apartados anteriores).
A parte do deseño foi confeccionado en Dreamweaver MS 2004, Macromedia Flash Mx 2004 e Adobe Photoshop 7.0.

O contido aborda:

Lendas: A santa compaña, as pupeiriñas, o Cipriano, as lavandeiras do río Sil, San Andrés de Teixido, as seres da mariña lucense, maruxaina, os mariños e romasanta. Escollemos estas e non outras pola súa singularidades, unhas por seren descoñecidas para moita senté e outras como a da Santa compaña por ser mítica.

Incluímos tamén un foro, a estrenar, onde intentaremos que a xente debata sobre os nosos contidos, que responda a preguntas que plantexaremos...

Outro apartado é un homenaxe ás meigas televisivas máis coñecidas: “Sabrina, cousas de bruxas” e “Embruxadas”, aportando información sobre as tramas destas series e sobre os personaxes.

Outro apartado abrímolo para consultas: onde aportamos unha dirección de correo electrónico para que os visitantes das páxinas nos transmitan as súas inquietudes e nós, como amas da maxia, intentaremos solventar os seus problemas.

Tratamos tamén varios tipos de conxuros: de amor, para cartos, saude, mal de ollo...

No último apartado, máis centrado na maxia da nosa terra incluímos unha historia sobre a lenda de San Xoán e sobre o conxuro da queimada, dous temas que non se lle deben escapar a ningún galego.


A estructura xira en torno a unha páxina principal ou de inicio formada por un fondo que consiste nunha casa antiga, mobiliario, algúns elementos significativos (pota, morcego...) e a meiga protagonista.

Dela saen os enlaces cara todos os contidos: lendas, conxuros, foro, consultas, maxia galega e meigas televisivas. Pinchando en cada un destes enlaces saése cara a páxina que recolle cada un destes temas, formados por un fondo negro, a bruxa protagonista e os contidos. Harmonizamos a coherencia destas distintas páxinas empregando as mesmas cores en títulos, textos, enlaces e fondo: distintas tonalidades de laranxas e o fondo en negro. Tamén incluímos uns iconos na parte de abaixo de cada páxina con motivos da páxina principal: caldeiros, a meiga, a televisión...


OBXECTIVOS:

Enfocámolo dende a seguinte perspectiva: desvelar os misterios de antano coas tecnoloxías do presente, para que non queden no esquecemento. Recuperar a paixón polos temas da maxia, a bruxería, os conxuros... e transmitir a nosa ilusión por estas aficións.
O noso desexo é que teña bastantes visitantes e que estes se interesen polos contidos que ofrecemos, distintos aos das outras páxinas, case sorprendentes.
Queremos servir de información, ao aportar contidos novos, ao mesmo tempo que de entretemento.




PÚBLICO OBXECTIVO

O noso proxecto vai dirixido a todos os públicos: a nenos, a adultos e máis maiores, a xente curiosa, a xente con inquedanzas... pero concretamente á xente que ama este mundo tanto coma nós, que busca o misterio e que sempre necesista saber as respostas.
O perfil desta senté adoita ser de adultos de entre 18 e 30 anos que gustan pola lectura deste tipo de temas. O noso público oxbectivo estaría comprendido polo tanto en xente desta idade, inquieta, curiosa, que quere saber máis do máis alá...


ORZAMENTO

Como dixemos no apartado anterior o noso proxecto saíunos de balde, pero á hora de poñelo á venda a cousa cambia.

O prezo de cada unha das páxinas das que consta unha web depende de moitas cousas, do tamaño, da calidade, do traballo invertido, da profesionalidade...
Segundo http://www.daboblog.com/2006/01/18/cuanto-cuesta-una-pagina-web/, e outras opinión o prezo medio dunha web de 5 a 10 páxinas non debería baixar dos 300 euros. Por desgraza este traballo non está aínda ben remunerado e os prezos varían segundo o cliente cando debería ser segundo o traballador.
A nosa páxina consta de 29 páxinas. Decimos cobrar 20 euros por páxina por que somos principiantes, non incluimos demasiadas animacións... pero si un importante traballo de photoshop e un resultado final agradable, polo tanto, redondeando ao alza o noso proxecto custaría 300 euros.




FINANCIACIÓN


O noso proxecto conta co respaldo da Fundación Caixa Galicia, por consideralo unha páxina de interese autonómico para o patrimonio de Galiza.




RECURSOS TÉCNICOS

Para a realización deste proxecto necesitamos medios bastante custosos, pero por ser un proxecto de clase realizado por alumnos nas aulas da facultade, a cousa cambia.

O elemento máis necesario para a creación dun proxecto web é un ordenador. Nós eramos tres no equipo e case sempre tiñamos tres ordenadores á nosa disposición, en horario de clase. O ordenador necesita electricidade, pero nós non reparamos neses gastos por sermos estudantes e telos á nosa disposición.

A parte dun ordenador, e tan necesario como este, é internet. Do mesmo modo contamos con conexión á rede dende cada un dos nosos ordenadores.

Necesitamos información que quitamos de internet e algún que outro libro e artigos.


A parte disto non necesitamos nada máis e saíunos gratis grazas a que disponíamos de todos os medios proporcionados pola facultade.


RECURSOS HUMANOS


Necesitamos poñer da nosa man, a parte dos elementos técnicos a nosa forza de traballo, a nosa dispoñibilidade, moito empeño e ganas. Hai que decir que non é unha cousa desagradable, é un traballo ameno e divertido, e preferible a unha clase teórica.


PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO CONTIDO

Para a elaboración do contido estudamos as partes das que queríamos que constase a web, que finalmente foron: lendas, conxuros, foro, consultas, maxia galega e meigas televisivas. Unha vez que tomamos esta decisión buscamos información abundante sobre estes apartados, cando a tivemos a revisamos, seleccionamos, traducimos ao galego...

Organizámolo en apartados que saen duna páxina principal e, cada apartado, a maioría, está clasificado noutros apartados.


ARGUMENTACIÓN DAS DECISIÓNS SOBRE DESEÑO DO PROXECTO


Como dixemos na introducción, pensamos outras varias ideas, pero desbotamos todas elas pola súa escasa viabilidade.
Finalmente decidímonos pola idea da maxia, pero pensamos en ir máis alá, falar de feitizos, conxuros... Tratar tamén en profundidade este tema centrándonos en Galicia (a queimada, a noite de san xoan, a santa compaña...), e para darlle máis modernidade incluímos o apartado do foro e o das consulta cun correo electrónico a disposición dos usuarios.


BOCETOS

Empregamos bocetos para a elaboración da páxina principal, sobretodo para saber como dispoñer os distintos elementos que a contirúen. Cada un deles é sacado dalgún sitio e modificado en photoshop (a tonalidade, a luminosidade, o tamaño...). tamén inclímos algunha animación en flash, como a fogueira. Para o resto das páxinas fixemos o boceto da primeira, para estudar a disposición dos elementos e o resto seguen a mesma estructura.


ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS

En canto á actualización dos contidos, o noso tema é bastante peculiar, xa que, por exemplo, as lendas non aparecen constamente, o que si podemos é ir incluíndo máis.
Logo, os feitizos si que aparecen feitizos novos, paralelamente que aparecen novos problemas e novas necesidade, que, por suposto, iremos incluíndo.
Ademáis temos que actualizar o foro e atender ás consultas dos nosos visitantes.

Conprometémonos a actualizar, cando menos, unha vez ao mes.


ESTRATEXIAS DE DIFUSIÓN


Para a difusión da nosa páxina pensamos en diferentes opcións:

A primeira é aproveitar os blogs nosos e dos nosos compañeiros de clase para dala a coñecer, poniendo links en cada un deles.
Outra forma é enviándolla por correo electrónico, xa sexa en cadea ou non, a amigos e coñecidos.
E unha un pouco menos agradable é difundila a través de banners pola rede.
Así como poñer links noutras páxinas de coñecidos e páxinas de temática similar ofrecendo o mesmo a cambio deste servizo.



TAREAS EXACTAS DE CADA UN DOS MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO


O traballo desta páxina foi confeccionado polas tres constituíntes deste equipo de traballo: Belén, Marta e Sabela.

Fomos facendo cada tarefa entre as tres, así cando buscábamos información cada unha aportaba a súa parte, ao modificar os elementos da páxina principal colaborábamos todas, ao crear as animacións de flash... e así escollíamos as mellores.

Foron meses de traballo e o resultado gustounos. Sabemos que se podería mellorar, como todo nesta vida, pero tamén creemos que para iso necesitaríamos ir adquirindo certas destrezas nos softwares coas que agora non contamos.

miércoles, 9 de enero de 2008

Ano novo: Ovo frito novo!

Despois do "documental reflexivo" da clase de documental de hoxe: "Canciones para despues de una guerra", de carácter franquista onde se incluía a mensaxe: "Ano novo: ovo frito novo"...

Non hai palabras...