jueves, 24 de enero de 2008

Libro de Estilazo!


Guía ou Manual de Estilo

A resolución da pantalla acordamos escoller de 1024x768 xa que o público ó cal vai dirixido é un público xove. Polo tanto, o acceso que estes teñen a Internet á través de ou ben do seu propio portátil ou ben a través dos ordenadores do seu centro de estudios ou un ciber.
En canto á nosa cabeceira, (situada na parte superio, na zona central) está composta polo logo dunha pota e conformado tamén polo nome da nosa páxina.O pé de páxina(abaixo, na zona centro) consta dun par de datos identificativos como son o lugar: Santiago de Compostela; e por outro lado a data: Xaneiro, 2008. O Mapa de navegación está situado na parte da dereita, agás a meiga, que enlaza coas "consultas", que está situada á esquerda, xusto a continuación da cabeceira. Ademais, na páxina "index" o mapa de navegación é diferente, tendo os enlaces repartidos por toda a suposta casa da meiga, cada enlace concorda cun elemento da casa. Tamén, en cada sección (lendas, feitizos...) o título case sempre se corresponde con outro enlace, dependendo de que páxina sexa.
A estructura ou lonxitude do documentos ou textos vai ser diferente en cada un dos casos. Diferencia que vai a estar determinada segundo a necesidade dos contidos de cada documento. Por esta mesma razón, hai textos nos que precisamos a utilización de scroll vertical, en ningún caso o scroll horizontal.

En canto á utilización das capas, decidimos o seu uso xa que era o máis útil e aconsellable para a estructura da nosa páxina, debido a que, por exemplo, os marcos, adoitan dar problemas.

Por outro lado, as cores identificativas do proxecto son sobre todo o negro e o laranxa. O negro podémolo asociar co esotérico, co oculto, moi concordante coa nosa páxina e por outro lado o laranxa, moi relacionado coa cor do lume. Cores cálidos, non chirriantes.

A tipografía escollida foi a arial dado que non da problemas nos navegadores ademais de que é unha letra moi sinxela á hora de lela polo que facilita a boa utilización na web ó usuario.

Os iconos que empregamos non son moitos, pero cada un deles é característico do seu contido. Para os contidos de “lendas” empregamos un morcego, criatura da noite, que da certo medo, ao igual que algunhas das lendas que están na web. Para as “meigas televisivas” empregamos, como ten que ser propio, unha televisión, pero escollemos unha televisión que semella moi antiga, vella, como é toda a estética da web, a meiga, a casa... Para a “maxia galega”, empregamos un elemento típico da maxia e moi presente no mundo galego, o lume, feito con flash. Para os “feitizos” empregamos un libro onde se pode suponer que están contidos todos os feitizos. Para as “consultas” empregamos a da nosa web, a meiga e para o “foro” a basoira da meiga. Todos estes iconos están colocados en cada páxina correspondente cun deseño minimalista (cada elemento está repetido varias veces en pequeño e colocado no lateral dereito de cada sección en forma de “L” ao revés) cun fin decorativo na páxina.

Ademais, para o logo empregamos unha pota, onde se pode suponer que se fan todo tipo de conxuros e feitizos.

As imaxes que empregamos son os mesmos debuxos que comentamos anteriormente, e sempre teñen un uso específico, o de servir de enlace a algunha sección da páxina, agás os que dixemos que só teñen un fin meramente decorativo.
Decidimos tamén non empregar son de ningún tipo, para evitar a saturación dos usuarios á hora de navegar pola nosa web.

Arredor de cada mes faremos unha revisión dos contidos da nosa web, coas últimas e modernas lendas, pócemas e feitizos de actualide. Esta modificación irase realizando segundo a petición dos nosos usuarios a través do foro ou do correo electrónico. Resaltar tamén que as respostas a toda dúbida deste serán contestadas nun plazo máximo de 24 horas.

Os recursos interactivos empregados son, ademais do foro e do correo electrónico, os distintos links que poden favorecer a navegación pola páxina.

Para rematar, debemos dicir que somos Marta Hermo Romano, Sabela Sampedro Pereira e Belén Sousa Domínguez , estudiantes de segundo de Comunicación Audiovisual. O noso correo electrónico para contactar conosco é feitizosdameiga@gmail.com.

No hay comentarios: