jueves, 20 de diciembre de 2007

a páxina vai collendo forma...

A nosa páxina por fin vai collendo forma... non a que nos esperábamos pero forma...

O tempo corre e vémonos algo apresuradas pero aínda así queremos que nos quede xeitosiña..., vistosa, decente!!

Estamos traballando moito... O horario de 12 a 15 mata pero...

Pois iso, que sorte a todos cos vosos proxectos web e...

As xoubas tolas deséxanvos un bo nadal! e próspero ano 2008!!! e que o efecto 2008 non fasticidie as nosas páxinas... ou o virus do USB de Belén...


bikiños!!

jueves, 13 de diciembre de 2007

Saul Bass (despois de moito falar...)

Este mércores na clase, despois de hora e cuarto de discusión e debate continuo (a profesora acabou bastante estresada, por non dicir desesperada con nós) tivemos a oportunidade de visionar os créditos do film: anatomía dun asasinato, de Otto Preminger, feitos por Saul Bass, todo un xenio. A nós pareceunos algo marabilloso, pero para que vos mesmos poidades ter a vosa opinión aquí vos deixamos o vídeo:

lunes, 10 de diciembre de 2007

O PATO LUCAS E A WARNER BROS.



Duck Amuck é unha curtametraxe animada de 1953 producido por Warner Bros. como parte da serie Merrie Melodies e é protagonizado polo Pato Lucas, quen é atormentado por un anónimo animador que cambia constantemente os fondos, roupa, voz, aparencia e ata forma do pato. O animador cambia todo a medida que Lucas trata de pór orde, e ata mal interpreta as súas demandas.

Segundo o director Chuck Jones, este curto demostraba que a animación podía crear personaxes cunha personalidade reconocible, independente da súa aparencia ou voz. Ao final da curtametraxe revélase que o animador é Bugs Bunny, segundo Jones o final só ten un obxectivo cómico.


Duck Amuck está incluído na compilación The Bugs Bunny-Road Runner Movie, xunto a outras curtametraxes favoritas de Jones como What's Opera, Doc? Mel Blanc fai as voces. Foi dirixido por Chuck Jones con guión de Michael Maltese. A curtametraxe presenta varias bromas que van dirixidas directamente ao público. En 1999 o curto foi recoñecido pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos para ser preservado no rexistro nacional de películas. Este foi o segundo de tres curtametraxes de Jones en recibir esta honra (os outros son What's Opera, Doc? de 1957 e One Froggy Evening de 1955). Jones é o único director con ter tres curtametraxes animadas no rexistro. A trama foi utilizada noutras curtametraxes animadas, Rabbit Rampage (1955), onde Bugs Bunny convértese na vítima do animador (Elmer Gruñón). Unha trama similar foi tulizada nun episodio de Baby Looney Tunes, só Bugs foi a vítima, Lucas era o animador, e utilizaba unha computadora no canto dun lapis.


No libro The Fifty Greatest Cartoons de Jerry Beck, Duck Amuck é categorizado como o segundo mellor debuxo animado da historia.

Velaquí un vídeo que non podedes deixar de ver, directamente para vós aquí, sen ningún enlace a outra páxina.



A CLAVE RESERVA DE SCORSESE


O outro día comentamos na clase a curtametraxe sobre Scorsese e Hitchcock que aparecera nos anuncios de Freixenet este ano.

Se o ano pasado era a Lotería de Nadal quen substituía ao famoso calvo (aínda o botamos de menos), este ano tócalle a Freixenet, popular firma de cavas cataláns, dar un xiro de 180 graos na súa campaña de mercadotecnia.

O tradicional e anticuado anuncio das burbullas, que se había estancado creativamente falando, deu paso á concepción dun curto cinematográfico como reclamo publicitario para as próximas datas do Nadal. Para iso encargar, a nin máis nin menos que Martin Scorsese a realización deste curto. Froito dese traballo saíu 'A Clave Reserva' ('The Key to Reserva' en inglés), unha grandiosa homenaxe á cinematografía de Alfred Hitchcock. Interveñen no curto, ademais do propio Martin Scorsese, Simon Baker e Kelli Ou'Hara como intérpretes principais

Freixenet decidiu iniciar unha nova estratexia publicitaria deixando atrás os personaxes famosos que durante anos protagonizaron os seus anuncios de Nadal, e optouse agora polos directores de cine de prestixio, que realizarán un anuncio de libre creación.

Unha gran obra non sabemos se de cine, de televisión, de internet , de documental, de ficción, de publicidade... pero oque si sabemos é que non debedes perder a oportunidade de velo.

Aquí volo deixamos. Un saúdo

TRON: A PRIMEIRA PELÍCULA FEITA POR ORDENADOR

Este filme, fora da importancia que ten para o mundo da animación por ordenador, pareceunos unha película bastante pobre en canto ao guión, unha película prescindible e banal. Aínda que está destinada ao mundo infantil, coñecemos outras películas que tanto diverterían a un neno como ao adulto que adoita acompañalo ao cine. Nesta época, supoñemos que os pais que acompañaron aos seus fillos a vela aborreceríana e quedarían durmidos aos cinco minutos de empezar, se non se cabrearían demasiado e colleron os fillos e marcharon a facer cousas máis interesantes.

Porén, facemos unha pequena recopilación de información que acadamos sobre este filme, máis centrado no interese que ten para o cine de animación.

Tron, de Walt Disney (1982) é unha película de ficción. A repartición compono: Jeff Bridges como Kevin Flynn (e Clu) (Raúl Aldana no versión dobrada ao Español), Bruce Boxleitner como Alan Bradley (e Tron) (Enrique Mederos no versión dobrada ao Español) e Cindy Morgan como Lora (e Yori) (Patricia Acevedo no versión dobrada ao Español). David Warner en protagonismo do vilán, Dillinger (e Sark, como a voz do 'Programa de Control Mestre') (Germán Carballos no versión dobrada ao Español). Dirixida por Steven Lisberger. Tron é singular por ser unha das primeiras películas en utilizar gráficos xerados por computador, ademais de ter o seu propio estilo visual. Este filme componse por case trinta e dous minutos de animación xerada por computador en combinación cos personaxes da película, un fito na animación dixital. Moitos dos efectos que parecen ser feitos por computadora foron creados usando efectos ópticos tradicionais. Unha técnica coñecida como "animación con luz de fondo", as escenas en vivo dentro do mundo da computadora foron filmadas en branco e negro, impresas en películas de formato grande e alto contraste, despois coloreadas con técnicas tradicionais de fotografía e técnicas rotoscópicas as cales danlle un aspecto "tecnolóxico". O proceso foi inmensamente laborioso, e non foi repetido por ningunha outra película; con tantas capas de alto contraste e negativos de formato grande, necesitáronse grandes cantidades de filme cinematográfico, e unha carga máis grande que calquera película convencional. En canto á crítica inicialmente non tivo éxito, mantívose un culto cara a ela polo uso dos seus gráficos xerados por computador, sendo o preludio dun novo subgénero na ciencia ficción . A película inspirou a moitos videoxogos. O propio de Tron gañou máis que o primeiro lanzamento da película. O seu argumento é un xogo en entre o pasado e o presente. O protagonista Flynn era un programador novo e presumido que traballaba nunha mega-corporación que foi enganado respecto das ganancias e autoría dos xogos que creou, por Dillinger quen vendeu os videoxogos de Flynn e pasaron á súa propiedade. Ante a incapacidade de probar que el é o autor, e renunciando da compañía, Flynn vese obrigado a traballar en arcadias. Moitos dos xogos que el creou atópanse no seu arcadia. Logo de obter algo de información dalgúns dos actuais empregados (Boxleitner and Morgan), Dillinger incrementa a seguridade no 'Programa de Control Mestre. En efecto, isto deixa aos programadores fóra da compañía. Logo diso van a Flynn en busca de axuda para burlar a seguridade do PCM. Alan e Lora buscan obter maiores liberdades na súa programación. Flynn busca evidencia das súas creacións roubadas. Logo dunha ardua travesía para entrar ao edificio, Flynn enfróntase ao PCM e é absorbido ("dixitalizado") dentro dun mundo dixital tiránicamente dominado polo PCM. No "mundo real", a interfaz do PCM recorda aos escritorios de alta tecnoloxía. Desde dentro do sistema de cómputo, o PCM ten a forma dunha cara cuadriculada, que irradia luz vermella con enerxía.



Un saúdo

http://www.hipertext.net/web/pag206.htm

Unha páxina sobre o deseño web interesante que atopamos. Explícanos como debemos facer a nosa páxina web, que directrices debemos seguir e os motivos destas decisións, dun xeito entendible para todos. Fálanos da arquitectura da información, o deseño centrado no usuario, que é para quen vai dirixida a nosa web, a planificación, o propio deseño, a mantemento, os comentarios dos usuarios, os contidos e o seu deseño. Recomendamos a súa visita. Ademáis a emregaremos para a construcción da nosa propia web, porque nos parece interesante seguir moitas dos consellos que se nos dan.

Un saúdo