Como prometéramos na nosa anterior entrada velaquí un vídeo moi picante...
Mentres tanto seguimos pensando na estructura e seccións para a nosa máxica web.
Para suxerencias, observacións, críticas... estaremos encantadas de ler os vosos comentarios.
Sabedes o que é?
Deica outra!
jueves, 25 de octubre de 2007
viernes, 19 de octubre de 2007
Meigallos, Conxuros e outras Pócemas en conserva
Decidimonos por esta idea, logo de moito rompernos a cachola e despois de estudar os pros e contras desta fabulosa e temerosa idea. Pensamos nun primeiro lugar en idealizar unha casiña de meigas, como parte principal do menú.
Se nos adentramos nela atoparíamos unha imaxe dunha vella meiga preparando unha pocema. Ela será quen nos dará todos os consellos e información sobre este oculto mundo. Contaranos historias escalofriantes, ensinaranos conxuros, prepararanos pócemas (de amor e de maldade), ensinarache os mellores trucos para facer esa festa universitaria inesquicible chea de misterio e terror...
Se buscas conseguir ao teu amoriño, ese que sempre te mira e nunca se decide a falarte, ese que sorrí cando te atopas con él na facultade... Se por outro lado desexas desfacerte dalgún pesado... Se queres chinchar a alguén que non deixa de amolarche... Decídete xa! Adéntrate neste oculto mundo e consigue todo o que te propoñas!
Para ir abrindo boca ensinámosvos un interesante vídeo de youtube, que ata que saibamos como se suben ao noso blog, dámosvos a dirección para que o miredes vos. Aí vai:
Rompéndonos a cabesa...!

Na búsqueda de ideas para a nosa andaina no world wide web ocorréronsenos varias posibilidades, todas elas desbotadas pola xefa:
A primeira era unha promoción dun grupo de artistas, os Mela-Pela... un tema moi socorrido. Polo tanto desbotado.
Adentrámonos na nosa segunda idea, gominolalandia, onde docemente contaríamos o apaixoante universo das gominolas e outros doces. O malo é que era difícil de poñer en práctica.
Outra posibilidade era contar as marabillosas festas gastronómicas galegas, pero... cantas páxinas non atoparíamos moi similares?? Non sería moi orixinal.
Tamén pensamos na posibilidade de crear unha web sobre estética, nada máis á orde do día! Xa que neste mundo onde cada vez se lle presta máis atención á imaxe, sen dúbida interesaría a todos... A todos nos gusta estar guapos!
Finalmente centrarémonos no universo das meigas galegas! Un universo pouco explorado pola mocidade e cheo de sorpresas. Contaremos lendas, feitizos, conxuros... algo típico da nosa cultura. Queres saber como engaiolar ao teu namorado? Queres saldar contas coa túa amiga perfecta que todos os días che fai sentir coma un adefesio? Pois visita a nosa web!!!
jueves, 11 de octubre de 2007
O comezo da nosa andaina... Habelas hailas!

O comezo da nosa andaina foi moi emocionante a pesar dos escasos coñecementos que posuimos sobre este campo do saber. Decidímonos por blogger porque chegamos tarde e copiamos dos que estaban ó lado. Outro día pasaremos o noso tempo mirando outras bitácoras!! sip??
Escollemos este nome para o noso blog porque representa unha combinación explosiva de sabores ó igual que as nosas personalides.
Sen máis, convidámosvos a compartir este pequeno espazo e a pasar unha tempada nesta a nosa lata conserveira.
Vémonos na nosa seguinte andaina!
Escollemos este nome para o noso blog porque representa unha combinación explosiva de sabores ó igual que as nosas personalides.
Sen máis, convidámosvos a compartir este pequeno espazo e a pasar unha tempada nesta a nosa lata conserveira.
Vémonos na nosa seguinte andaina!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)